MENUS
INICIO
ANTROIDOS
FOTOGRAFIAS
PATROCINADORES
POPULARES
SALUDOS 72
FALEMOS GALEGO
SON DE BUEU
LÉMBROME
O PARAÍSO SEXUAL
Titulo:  TIGRE BeNeGano
Ano:  2022
Música: O incendio (Cantadeiras do Berbés)
Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Podes ver unha actuación en directo desta canción no seguinte enlace: VÍDEO


Que implosione o Alcalde no pobo pode pasar,

que un partido afunda sen a presión popular.

O Xuncaliño pregunta contento, ¿a oposición onde estará?

Non hai caída máis triste nin parva que perder o trono sen rival.

 

Pero como buitres voan as gaivotas do PP,

sobre un Bloque á deriva e que está a esmorecer.

Cala a boquiña Elenita, dixeron, que aínda a vamos joder.

Que Felisiño xa vai a deixalo. Ver cailo é un gran pracer.

 

EspaVilas meu amijo, que o arroz se vai pasar.

Nin con viajra o partido, ti dás levantado xa.

O Psoe quedou sen pilas, recoño, e sen Vilas se pode quedar.

E avogada que ía sucedelo, se hai pleno por alí non vai.

 

E o Purro enchía a boca con acabar

coa moda de Félix de todo privatizar.

E douse de conta que así non manchaba as mans.

Quitoulle a Budiño o ranking de amabilidad.

O fácil que era aquilo de gobernar

tomando unhas cañas dende a barra dalgún bar.

 

Privatizan a limpeza e a xestión ambiental,

a piscina, os tributos e seguro que algo máis.

¿Que vai pasar Leal coa cultura? Que se che escorreja das mans.

E das festas que fai Silvia calamos, son fantasmas non se mira na.

 

Tiraron da súa canteira, e dunha sen afiliar.

Márchanlle todos da lista, pois non queren naufragar.

O Bloque é como o Barça, recoño, no hai equipo para ir xogar.

¿Que carallo vas facer Felixiño? A un Alves, vas ter que fichar.

 

No entroido era asiduo estando na oposición.

Agora ós festivales non vén nin con pelucón.

Que festas ten montado na de Chano, os riojas abría sen rubor.

Sabíache case todas as letras e tocaba ata o saxofón.

 

Como me molabas o teño que confesar,

e case me quito a roupa ó oirte falar.

Que me comerías completo rasgando o trax.

Pero pouco a pouco fun vendo a realidá.

O tigre que me deboraría nun plisplás

resultou vegano, vaia fraude de animal.
Comentarios(0) Añadir Comentario
Antroido 2022
POR LOS PELOS
TIGRE BeNeGano
CERO Á ESQUERDA
CAJARRÍAS BAIXAS
KARAOKE
O CALAMBRASO
Vou nun Bou © 2004 - Politica de Privacidad - Términos de Uso - Admin