Díxolle un caco a outro caco:
Teño un golpe moi ben pensado.
Chaves da porta e máis do candado.
Vai ser este o roubo do ano.
A furgalla está preparada.
Comprador teño un elexido.
Non sabía que éramos tan listos.
Traballar, iso é de pardillos.
Pero o venres aquel, cando foron roubar,
¿como ían saber que os estaban gravar?
Choco, cigala, rodaballo tamén, algunha
raia.
Choco, cigala, disque o móbil rompeu,
menuda farsa.
Ti arrambla con todo, non deixes nada
aquí.
Isto é un jolpe maestro, que ben imos
vivir.
Choco, cigala, rodaballo tamén, algunha
raia.
Choco, cigala, non collía máis peixe
nesa furgalla.
Cando foron ó día seguinte
montouse unha algarabía.
As portas non estaban forzadas
e faltaba
toda a mercancía.
Veu calmar o ambiente a policía.
A máis
dunha o sangue lle fervía.
Reunión con Xuncal no rincón de pensar.
Hai máis copias das chaves que xurelos
no mar.
Choco, cigala, rodaballo tamén, algunha
raia.
Choco, cigala, iso nunca pasou, falta o
Patata.
Os ladróns son de guante furado
con tres
pelos de intelixencia.
Aínda non cobraran o roubado
e a poli xa
os tiña cochado.
E xerou isto tanto revuelo.
Os de
Netflix xa andan ó tanto,
van rodar unha peli moi pronto
ó estilo
Dous tontos moi tontos.
Estes dous alquimistas de roubos de
nivel
máis famosos van ser que a Casa de
Papel.
Choco, cigala, rodaballo tamén, algunha
raia.
Choco, cigala, nin cos vídeos do banco e
da farmasia.
Como Ocean’s Eleven, pero pasou aquí.
Se un era George Clooney, outro era Brad
Pitt.
Choco, cigala, rodaballo tamén, algunha
raia.
Choco, cigala, como din: Dios os
dá... eles se apañan.
Choco, cigala, rodaballo tamén, algunha
raia.
Choco, cigala, nós pensamos que os dous
se pasaron coa raia.