Os comercios de Beluso non saben de calendario.
Abren domingos, festivos tamén, aquí non teñen horarios
Se un día santo non tes unha pisca de sal,
non hai fallo, ti ven a Beluso.
Todo aberto terás pro que queiras mercar.
¡Este mundo vaiche para atrás!
En Meiro despertadores, pra asusta-los animales.
Ó final o que fixeron foi que os porcos veñan puntuales.
Ponlle pelo ó marrán, roupas vellas, cd´s,
unha radio pra salva-lo millo.
Que lle poñan tamén tinta femia a beber
E un paraugas por se vai chover.
Non había alumeado na carpa de San Martiño.
Pois mexados se levantan meu ben os que durmen con miniños.
Había que mirar a aquel home bufar
“Isto non é festa, nin é nada.
Nin se foi a pedir para os fuegos votar”
Este ano quedou sen papar
Houbo lio no concello, foi por culpa dun enlace.
A concelleira máis fiel do PP quixo facer un chantaxe.
Pois tendes que saber que antes de vos casar
temos que facer unhas cuentitas.
E vades a pagar as deudas ó meu pai
como que son rubia natural.
Quen a sacou do destierro costoulle pouco traballo.
Seica cando fixo a lista pensou coa cabeza do carallo.
Esa gata infiel tenche pouco nivel,
utilízanna como florero.
É musa popular, gústase retratar
con Sotelo, Feijoo e Louzán.
Cando as votacións había división
entre os votantes populares.
Moitos riron despois, sobre todo en Bon,
cando perderon as eleccións.