Podes ver unha actuación en directo desta canción no seguinte enlace: VÍDEO
Un campo de fútbol fixeron correndo
porque había presa en inagurar.
Con todo respeto, perdonando a mesa,
o campo é unha merda espichada nun pau.
Solo hai unha grada, non se mira a banda,
mórrese de frío, bate o temporal,
os muros dos fondos moi preto do campo
son todo un peligro cando vas centrar.
Para carallo o que está enfrente
ten en pleitos as instalacións
e pideu que lle fagan un puente
A este tipo non hai quen o agante,
bo sería amarrarlle os collóns
e deixarlle unha ponte colgante.
Nós non pretendemos mandar nos costumes,
nin nos quefaceres da corporación,
solo que nos choca un alcalde do Bloque
colleitando votos polas procesións.
Hai cousas no Bloque que están moi cambiadas,
cousas que de sempre foron tradición,
hai un que nos plenos fala castejano.
Viva “el comandante y la revolución”.
Suben os soldos con maioría
aumentades as dedicacións.
Xa chupades como a monarquía.
O noso alcalde éche o demo,
seica xa ten un callo no cu
da poltrona, el di que é do remo.
O alcalde electo subido a un seiscentos,
con bagoas nos ollos na celebración,
un bloqueiro vello contoume chorando,
“agora é do bloque ata o Resillón”
Como sabe moito de facer a rosca,
moi espabilado botaba unha man
a diestra e siniestra servíache copas
“¡ganaron los nuestros que corra el champán!”
O fardajuevos cambiou de tanga,
xa non quere ser calzón-azul,
tiña un blanco pintoulle unha franja.
Sábechas todas, é puta vella.
Para ser máis papista co papa
no carallo pintoulle unha estrella.