Podes ver unha actuación en directo desta canción no seguinte enlace: VÌDEO
A política de Bueu case roza o esperpento.
Non hai oposición… o alcalde todo contento.
Ninguén lle leva a contraria, pois senón, logo se
irrita.
El solo lle fai oídos ás queixas de Susanita.
Hai un concelleiro astur que traballa moitas horas.
O mesmo che plancha un juevo que maneja escavadoras.
Esa forma de facer non é moi intelixente.
¿Quen se vai a facer cargo cando teña un
accidente?
Vimos cantar polo carnaval
para
que se entere todo o personal.
Félix pra facer a lista aínda non perdeu o toque.
Hai xente de todas partes e case ninguén do Bloque.
Un ou dous de Esquerda Unida, Socialista,
independentes
que van de nacionalistas. Queren enjañar a xente!
Hai un que anda cabreado. No entroido xoga ó despiste.
Cando eran para os de enfrente, as letras tiñan
máis chiste.
Non te enfades Xuncaliño que vainos a dar igual.
Aínda nos ten máis morbo que che pareza tan mal.
Vimos cantar polo carnaval
para
que se entere todo o personal.
E co das redes
sociales a máis dun fóiselle a olla.
Vestidos de Supermán a tirarse dende a Roiba.
O do Legado do Tibu decían que lle chamaban.
Tamén o fixo o alcalde nominado por Susana.
Resultou ser máis
vistoso un que se meteu no mar
alí na Banda do Río e gravouno o do Incamar.
O de bañarse en pelotas, non sabemos se é delito.
No pobo xa se comenta: “Mira Fidel que culito”.
Vimos cantar polo carnaval
para que se entere todo o personal.