Podes ver unha actuación en directo desta canción no seguinte enlace:
VÍDEO
A finales de novembro
colleunos unha tronada
os desaugues sen limpar
aquí nunca pasa nada
As mareas eran cheas
o Bispo a tope de auga
e os burros en dúas cortes
no Concello e máis Seragua
Parapapá, Parapapá
caladiños os do Psoe
sen resposta o Benegá
Algúns foron de valientes
a mirar a inundación
quedaron alí fondeados
mollaron ata os collóns
Miluquito coa riada
saiu correndo da casa
"yo soy videoaficionado
muy intrépido y del Barca"
Perepepé, Perepepé
vaia circo hai montado
no cortello do Pepé
As palas xa che limparon
a merda pra de Charrúa
pros ricos limpa o Concello
e os pobres, cada un a súa
Tiran árbores e asfaltan
a conta do Axuntamento
van a convertir Loureiro
en zona de aparcamento
Piripipí, Piripipí
ninguén sae a protestar
isto sólo pasa aquí
Por si non fora bastante
se ti caldo non querías
reventou a traida da auga
non a arranxaron en tres días
Os Aqualios reunidos
encargaron unha peza
non a foron a buscar
¡vaia primeira torpeza!
Poropopó, Poropopó
Elenita vai de Aguirre
Kiko vai de Gallardón
Cando por fin a trouxeron
fixeron mal outra cousa
joderon a conexión
foron por outra a Nodosa
Casi catro días sen auga
fixeron un regateo
para o jetas dese Kiko
solo foi un día e medio
Purupupú, Purupupú
o euro que devolveron
que o metan polo cu
Aquel si que foi un pleno
cun ambiente impresionante
chamáronlles as que no había
¡que jeta ten o tunante!
Importoulle un carallo
que nos collera esa enchenta
"cantas máis rúas se rompan
máis vaias pon a parienta"
Piripipí, Piripipí...