MENUS
INICIO
ANTROIDOS
FOTOGRAFIAS
PATROCINADORES
POPULARES
SALUDOS 72
FALEMOS GALEGO
SON DE BUEU
LÉMBROME
O PARAÍSO SEXUAL
Titulo:  PA CHULI CACHULI
Ano:  2007
Música: Avec moíto love (A Quenlla)
Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

A cousa non é un segredo
saleu na televisión
primeiro foi no Tomate
en Salsa Rosa despois
Roubaron no Axuntamento
nunca houbo tanto ladrón
no ladrillo están os cartos
moito manda a construcción.

 

ESTRIBILLO

 

¿Qué está a suceder?, mami
isto non vai ben, mami
xa non pode ser, mami
tanta corrupción

 

Pro cárcere foi Cachuli
non teñades pena del
polas bolsas da basura
descubréuselle o pastel.
Debe de estar estreñido
que a Roca non quere ver
máis de dez millóns nun bolso
seica gardaba Isabel

 

ESTRIBILLO

 

O Roca tiña cabalos
cochazos, tamén cortijos
elefantes e xirafas
castelos a plazo fijo
Palacios, xoias e cadros
e ata un retrete de ouro
o que manda en urbanismo
ten a chave do tesouro

 

ESTRIBILLO

 

Compran por catro patacos
alí non se pode obrar
a un regálanlle un piso
a outro danlle un solar
E despois xuntos nun pleno
a man van a levantar
déronlle volta á tortilla
qué bo é prevaricar

 

ESTRIBILLO

 

O que máis nos preocupa
desa crise marbellí
que algún xa teña pensado
facernos o mesmo aquí
Controlen dende o Concello
coidado coas comisións
de todos estes mangantes
xa estamos ata os collóns

 

ESTRIBILLO

Comentarios(0) Añadir Comentario
Antroido 2007
ISTO E PRA RIR
MENU DO POLBO
A DIOS ROGANDO
COLOR CANELA
LO QUE EL BISPO SE LLEVO
PA CHULI CACHULI
SON DE BUEU
Vou nun Bou © 2004 - Politica de Privacidad - Términos de Uso - Admin