MENUS
INICIO
ANTROIDOS
FOTOGRAFIAS
PATROCINADORES
POPULARES
SALUDOS 72
FALEMOS GALEGO
SON DE BUEU
LÉMBROME
O PARAÍSO SEXUAL
Titulo:  DÚAS MULLERES E UN VESPINO
Ano:  2005
Música: Ven bailar Carmiña (A Roda)
Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Naquela casa da Rosa

Houbo reparto de gangas

Dous ou tres postos pra Bueu

Un no concello de Cangas.

 

Que dirán os que tiraban

Eucaliptos na Portela

A palabra deste Torres

Pra cajar enriba dela

 

Aí vai Belarmino, camiño de Cela

Aí vai no Vespino, de paquete Elena

Van a preparar alí unha Sotelada

Temos alcaldesa que non foi votada.

 

Antes Rosa de los Vientos

Non te cortabas un pelo

Ai! Agora ao que chegaches,

A lamecús de Sotelo

 

Había quen escribía

Cartitas de amor no Faro

“Sal de ahí meu xuncaliño

Que si non quedo no paro”.

 

Aí vai Auroriña buscando a poltrona

Quere posto fixo, éche moi glotona

Na deputación ou no noso concello

Ha meter cabeza, éche gato vello.

 

Contra Félix quen berraba

Ten escoba e carreta

Xa sabedes que falamos

Daquel xenro da do tetas

 

Uns chavales lle ensinaban

O traseiro a Belarmino

Nunca un cu lle tiven medo

Indo tan ben protexido

 

Aí vai Belarmino, camiño de Cela

Aí vai no Vespino, de paquete Elena

Van a preparar alí unha Sotelada

Temos alcaldesa que non foi votada.

 

Houbo no pobo protestas

“isto cheiraba a esturrado”

seica polas navidades

o choio estaba amañado.

 

Agulla calou a boca

Caladiño coma un rato

O meu hanmo de amañar

Que para iso fixen trato.

 

Aí vai Auroriña buscando a poltrona

Quere posto fixo, éche moi glotona

Na deputación ou no noso concello

Ha meter cabeza, éche gato vello.

Comentarios(0) Añadir Comentario
Antroido 2005
TRAJANDO SOBERBIAS
GANDO XUNTO FAI ESTERCO
DÚAS MULLERES E UN VESPINO
LA GOTITA ANTES DEL POLBO
MOITO BALANCE
FLIPAMOS POR COLORES
Vou nun Bou © 2004 - Politica de Privacidad - Términos de Uso - Admin