Na exposición de Lugrís
Xa ves o cura o que fixo
En vez de ir a bendecir
O pater fixo un bautizo
Estaban presentes alí
Da Xunta uns de Cultura
O vello qué cona fai
Que está jodendo as pinturas.
Pra bendecir a túa casa
Vai falar con Don José
Dalle un bote de pintura (ai la la)
Xa che fai o gotelé
Dalle un bote de pintura (ai la la)
Xa che fai o gotelé
Hosteleiros en reunión
Pra debatir sobre a festa
Damos ribeiro a beber
Ou mellor o tinta femia
Pero un suceso pasou
Que interrumpeu aquel acto
“Non te me pases de listo
Que se cha entrejo te mato”
Aquel home arrinconado
Non vía xa a solución
Mª Carme co sapato (ai la la)
Entrejoulla co tacón
Mª Carme co sapato (ai la la)
Entrejoulla co tacón.
O mar é como o Far West
Haiche moito pistolero
Levantan o dos demáis
Logo, “pies para que os quiero”
Os xubilados de Bueu
Non estaban satisfechos
En vez de traer A Roda
Preferían Os Tonechos.
Alí na festa do polbo
Falábanche catro amigos
Non vira polbo tan caro (ai la la)
Desde que fomos ó Ciros
Non vira polbo tan caro (ai la la)
Desde que fomos ó Ciros
As mozas do balonmán
Por falta de monetario
Para poder ir xogar
Fixeron un calendario
A Tuia foron posar
En pelotas coma Eva
Non sabemos onde van
Eses cartos de Gaeva
Ai! co frío que facía
Teñen que estar mal do tarro
Algún chichi deportista (ai la la)
Seica colleu un catarro
Algún chichi deportista (ai la la)
Seica colleu un catarro