Podes ver unha actuación en directo desta canción no seguinte enlace: VÍDEO
Vou contar a historia do meu fillo
que juapo era, era un modelo.
Que vai pra alcalde é premonitorio,
xa dixo “dame” no paritorio.
Dende pequeno fixo actividades.
Lunes taekwondo o martes inglés,
jueves pintura o viernes a remo.
E tiña paja ó final de mes.
Antes de cumplir os cinco xa fomos a Disneyworld,
a la Warner, ó mundial, Portaventura, ó Rei León.
Si, abrinlle contas nas redes sociales.
Foi tamén a Masterchef e a la Vozkids.
E no fútbol que bo era o rapás iba pra crack.
Leveino a tódolos campus que había na ciudá.
Ata o levei a faser as probas para o Madrí.
Iniesta, o meu rapás iba a ser Messi ou Iniesta,
e como pouco íbache xojar no Celta.
Se non chejou a culpa foi do entrenador.
Ahora teño a picha feita un lío
coa adolescencia que ten meu fillo.
Díxome que non quere ser youtuber
nin un tronista de Telecinco.
Coas hormonas anda alborotado
ahora a todo sempre di que non.
Debeulle dar a volta o sentido,
o meu filliño apapostiou.
Mochilero, ecologista, activista pola paz.
Borrou as contas do Facebook, a do Twiter e Instagram.
Si, dixéronme que fuma marihuana
e que mestre composteiro quere ser.
Pra faserlle a pelota compreille o mellor Ipad.
Sejía sen faserme caso e dinlle a tarxeta black.
Pero ni así, fixo un porrito e foise a durmir.
Merda. Todo o esforzo que fixen en vinte anos.
Solo falta que se me faga vegano,
alfombrista, catequista, musulmán.
El que aínda non estaba destetado.
Eu era un moco pejado ó seu narís.
Encargueime dos traballos pra que nos fixera el.
Deille todos os caprichos, unha Wii e dúas Play.
A educación non puiden comprala por Amazón.
Merda. Todo o esforzo que fixen en vinte anos.
Solo falta que se meta en Ciudadanos
ou encabezando as listas dos de Vox.