Podes ver unha actuación en directo desta canción no seguinte enlace: VÍDEO
Este ano hai eleccións como cada catro anos
e o fillo do zapateiro andaba desanimado.
Non me volvo a presentar ós amighos comentaba.
Xa é a hora de Martín, a xente se escaghallaba.
Debe ser polo tirón, se te mira sempre fala.
A outra opción que era Leal non podía coa empanada.
Olvidouse de Fidel, disque están enfurruñados.
Seica vai para Moaña con la Leti de la mano.
Co PP volveu Elena, seica non quedou queimada.
Por Feijóo e compañía ela foi ninguneada.
Dende o aprecio e o cariño, do entroido aficionada.
Por menos o Felixiño a nós virounos a cara.
Deche un paso atrás muller por moito que che pagharan,
nunca debeches volver con quen che cuspiu na cara.
Na foto da nova sede saían todos estreñidos,
parecía o velatorio do defunto do Caudillo.
Nunha cea familiar despois de catro cacharros.
Agharrarme aquí el vaso, voy montar el Ciudadanos”
Abriron conta no Facebook e nas redes el larghaba,
déronlle por todos lados e no Faro se queixaba.
O tipo foi hosteleiro, tiña un after en La Playa.
Nunca vin tanta pelexa, “ni pasarse de la raya”.
E se vén Albert Rivera a Cangas vai disparado,
mirar o paso de peóns se é verdá que está pintado.
Co llanero solitario Félix di que no hai maneira.
Non hai cuña máis jodida que a da mesma madeira.
Ser alcalde era o proxecto. Non podemos sen marea.
Ese barco encallaba. Vai ser mosca cojonera.
Danos lástima o PSOE, o Vilas dá moita pena.
Xa o metemos nesta estrofa, coas de Julio Villanueva.
Non é por falta de espacio, non hai nada que dicir.
Se alghún toca a guitarra con nós podería vir.