Podes ver unha actuación en directo desta canción no seguinte enlace: VÍDEO
Os falangistas se lle tocas a semente se irritan.
A dereita máis conservadora
vai buscar no armario as pistolas.
Para o traslado non atopan un sitio adecuado,
que o tiren nunha desas cunetas
ou que fajan del unhas croquetas.
O Rivera xa ten pensado
sacar o corpo e queimalo,
e o polvo que quede xuntalo,
unhas raias faser e aspiralo.
Se sobra e hai reclamo
faser paquetitos de gramo.
É un negoción suculento,
para isto si ten talento.
Menudo lambón.
Disque se anda por aí a falar
que cando o volvan a enterrar,
fajan algún buraco ó seu lado máis
para os seguidores máis acérrimos que ten detrás.
O Rivera é o primeiro na lista de espera,
o Casado ten un reservado,
que o Aznar xa ten un adosado
e se sobra algún é po Abascal.
Esta Letizia, que parece que todo lle irrita,
a Corona desestabiliza
y lo sabe y por eso le excita.
Trump ó seu lado parese un can fanado.
Ela é unha repunantiña,
ten a xente asustadiña.
Pola noite o Felipiño
coa nai durme apejadiño,
Ten tanto medo á fulana
que ten mexado na cama.
É unha faneca inglesa
dende que é unha burguesa.
Anisakis da Corona,
fai o que lle sae da cona.
Vaia tabeirón.
Tenos ajarrados dos collóns,
ahora é ela quen leva o bastón.
E como se poña a falar,
toda esa pandilla de chupóns van ter que ir traballar.
Berra, Berra. Ela xa ten os millóns na cuenta.
Fíxoche unha xojada maestra.
E agora cun par de exclusivas.
A rascar a cona e a vivir.
É unha arpía con retoques de ciruxía,
operou o narís e o queixo.
Tamén puxo recheo no peito.
O Felipollas meteu dentro o cabalo de Troia.
Ó minuto do casamento
empezou o arrepentimento.
Xa teñen todo falado
pra cando estén divorciados
e vaian facer unha serie,
Leti fai de J.R.
No eres el primero y lo sabes,
da depredadora insaciable.
Xa ten millóns nunha conta.
Ti vas, ela vén de volta.
Que viva o Bo(r)bón.
Ata o Rei Juan Carlos ponse a durmir
cunha escopeta por se a mira vir.
Entre a Corina e a Letizia Ortiz
danlle máis disjustos a este home, isto é un sin vivir.
Berra, Berra. Coidado Borbón co elemento.
Que che dinamita os cimentos.
Ollo con esa republicana.
Que ten máis collóns dos que tes ti.