Vai
cheirando ás eleccions
municipales e o Concello
puxo en funcionamento
a maquinaria, toda a necesaria, pa non perder o posto no poleiro.
As brigadas
de limpeza están quentando
despois de durmir
casi catro aniños,
xa que puxeron ó
durmiñón de todos para coidar
a todos os meniños.
Como non queren queixas escoitar, ós
peóns non os pon a traballar.
A ver si oposita o capataz, de
pasear el ten unha masterclass.
Dos aspirantes para a poltrona, fáltanos Vilas, marchou
un pouco triste.
Así que a nós veunos de puta madre porque pa el xa non tiñamos chistes.
Propoñen a Macenlle no seu sitio. Ou é masoca ou tenche moito vicio.
Disque o respalda Abel Caballero. A ver se non morre en acto de servicio.
Camilín, amijiño, ¿onde vas? Que
moral! Dis que queres jobernar.
Camilín vai cambiando de menú, a ver
se pasas da sesión vermú.
Doña Elenita quere volver a poltrona.
No hai mellor sitio pa ir rascar a cona.
De iso debe estar moi ben segura de cando foi a moción de censura.
Xa hai que ter moita sangre fría, moita cara e pouca dignidade,
pa presentarse de cabeza de lista
dun partido que vende a sanidade.
A verdá, Elenita dinos xá, no PP, ¿que lle importa a
sanidá?
Está mal o de xogar co salú. Ó final solo ves para o teu
cu.
Quere seguir
Julito sendo a chave,
coa marca blanca do Bloque é a clave.
E pasa a ser un tipo
manexable aínda máis que unha moneca inchable.
Ameazou Xuncal con arriar todo e deixar candidato
a Leal.
Está moi ben que busques
acomodo. Non sabía eu que nos querías
tan mal.
Pa
volver este pobo gobernar, ai rapás moita tinta ides sudar.
Sempre
estás con Josecho a pasear. O rezar moitos votos vaiche dar.
Antes
de propoñernos algo novo repasa o que lle prometeche ó pobo.
Colle
o programa dos últimos anos, que as promesas non se fan en vano.
Pescadoira
tes máis que olvidada, toda a enerxía pa Banda do Río.
Xa
debería estar recuperada. Perdoa se te meto ahora nun lío.
Ai!
Xuncal, ¿coa Banda que farás? Toda a zona ías humanizar.
¿Quen
serán eses catro mandamáis que a ti te botaron para atrás?
Hai
uns floreros na entrada do Porto, menudo justo dá pasear co aquel cheiriño.
Ese
perfume en pleno mes de agosto a gambas, nécoras e santiajiños.
Para
pasear hai que ter osadía. É un fedor paresido á cajarría.
Algúns
afíns deféndense dicindo que cheira así porque é marisco da Ría.
Xuncaliño
a ti quen te vai mirar. Coa bandeira española vas xurar.
Que
juapiño estarás coma un pincel cando estrenes ese novo cuartel.
Non
está todo o que hai que contar. Ó final, nós tivemos que cortar
e quedou fora o resto do plantel. Todo foi pola falta de papel.